SILVIA PÉREZ CRUZ SÚMASE AO CARTEL DO CICLO VOICES DE PONTEVEDRA

O Pazo da Cultura de Pontevedra acollerá o sábado 16 de outubro ás 21:00 horas un concerto de Silvia Pérez Cruz xunto á súa Farsa Circus Band. O Ciclo Voices, promovido polo Concello de Pontevedra, será testemuña da presentación do último traballo de Silvia Pérez Cruz; Farsa (Género imposible).

Desde que era pequena, Silvia exprésase a través da linguaxe da música, non en balde creceu entre cancións populares ibéricas e latinoamericanas e educouse no clásico e o jazz. Nos seus traballos discográficos, Silvia intercala discos de composicións propias con outros de creación desde a interpretación nos que realiza versións doutros artistas. Este é un disco que creou conversando con outras disciplinas artísticas como o teatro, o cinema, a danza, a poesía, a pintura ou o cinema de animación. Gravado durante 2019 e 2020, Farsa (Género imposible) responde á inquietude da artista en relación á dualidade do que se mostra e o que realmente somos, por como sobrevive a fraxilidade do interior, do íntimo nestes tempos nos que a superficie é tan arrasadora, nos que o que se ve, pódese chegar a confundir co que se escoita.

Farsa Circus Band é o directo con banda deste proxecto, unha banda formada grandes músicos da mesma xeración que Silvia (Marco Mezquida, Aleix Tobías, Bori Albero e Carlos Montfort) cos que se reencontra despois de moitos anos e camiños propios de investigación e amor á música.

Un concerto a plena cor onde poderemos gozar dunha Silvia Pérez Cruz versátil e inconfundiblemente persoal. Dúas calidades que raramente coinciden e en cambio a ela defínena. É fiel aos diferentes estilos que aborda sen deixar de ser, en ningún momento, ela mesma.

As entradas á venda a partir do martes 14 de setembro ás 10:00h a través de www.ataquilla.com, cun prezo desde 20€ + gastos.