SABELA CHEGA A ARZÚA CON AS “EXPERIENCIAS NO CAMIÑO FRANCÉS”.

A artista galega presentará o seu disco “Despedida” o día 18 de setembro ás 21:00 h no Multiusos Terra do Queixo de Arzúa.

Sabela presenta en directo a súa primeira proposta discográfica chamada "Despedida" na que nos convida a dar un paseo pola súa alma e que descubramos con ela quen é e cal é a súa viaxe. As múltiples facetas e experiencias relacionadas coa terapia e a música fan que Sabela convirta o escenario nun espazo cheo de forza e sensibilidade, de caos e calma, de silencios vivos e emocións.

As entradas serán de balde con reserva previa, a partir do luns 14 de setembro, no teléfono 981500222 (De 9:00h a 14:00h de luns a venres) ou no correo cultura@concellodearzua.com

Este concerto, que está promovido pola Mancomunidade do Camiño Francés cumplirá todas as medidas de seguridad higiénico sanitarias e de control de aforo.

As prazas son limitadas e iranse cubrindo por rigorosa orde de inscrición ata un máximo de 4 prazas por reserva. Estas poden ser individuais ou dobres.As persoas que fagan reserva dobre declaran responsablemente ser convivintes.O día do concerto, as persoas con reserva deberanse presentar como mínimo 15 minutos antes do concerto. No caso de non facelo, esas prazas quedarán a disposición de público sen reserva por orde de chegada.